Sobre nós

Alicerce no idioma galego posúe tres acepcións que teñen en común a importancia da base na construcción dun proxecto: “Un edificio con sólidos alicerces”. Os integrantes do cuarteto entenden que eses principios de solidez veñen dados dende varios camiños. Un deles, quizáis o más importante, sexa a amizade xestada a través dos anos entre os catro e articulada a través de diferentes proxectos musicais. Outros deses camiños son o repertorio que deciden afrontar e o xeito de facelo: música para cuarteto dos períodos clásico e primeiro romanticismo europeos interpretada con instrumentos encordados en tripa.

Jorge Montes, violín
Nacido na Coruña en 1982, estuda violín e música de cámara con Keiko Wataya e Charles-André Linale na Hogeschool voor de Kunsten de Utrecht, ampliando a sua formación con G. Carmignola en Siena. Ofreceu numerosos concertos en España, Holanda, Portugal, Francia, Alemania, Bélgica, Ucrania, Polonia, Italia, Xapón, Arxentina, Chile, Uruguay e Brasil. É membro fundador do ensemble s21 e Ars Combinatoria. Na actualidade é profesor de violín do Conservatorio de Ferrol así como director da Orquesta de Nenos da Orquesta Sinfónica de Galicia.

Roberto Santamarina, violín
Realiza os seus estudos de violín en Santiago sendo bolseiro polo IGAEM para ampliar a súa formación en Oviedo con Yuri Nashuskin e en Salamanca con Angel Sampedro, Emilio Moreno e Eduardo López Banzo. A nivel camerístico recibiu clases do Trio Fontenay, Cuarteto Moravo, Cuarteto Sedlâcek, Jesse Levine e os Virtuosos de Moscú. É integrante de grupos especializados en música antiga e interpretación histórica como Martín Códax, Grupo 1500, Favola D´Argo e “Il Combatimentto”. Actualmente é profesor de violín no Conservatorio de Santiago de Compostela.

María José Pámpano, viola
Realiza os seus estudos de violín en Vigo e con Nikolay Velikov en Santiago. Interesada na interpretación histórica, amplía a súa formación coa prestixiosa violinista Amandine Beyer en Oporto cunha tese “A técnica chin-off na interpretación do violín nos S. XVII e XVIII”, ademais dos profesores Mira Glodeannu, Enrico Gatti, Pedro Gandía, Ángel Sampedro, Lucy van Dael, Peter Spissky e Manfredo Kramer. Colaborou coa orquestra barroca dos conservatorios de Salamanca, Bruxelas, Amsterdam e Malmo. Ben como violinista ou como violista, participou coa Orquestra Barroca de Venecia, Porto, Norte do Sul e os grupo Ars Combinatoria e o recoñecido emsemble Gli Incogniti.

Carlos García Amigo, cello
Nace na Coruña en 1973 onde inicia os estudos musicais co seu pai. Entre os seus mestres destacan Lito Igrexas, Dalibor Sebestik, Gregor Hosch, Monique Bartels e Antoine Ladrette. Foi bolseiro pola Fundación Barrié da Maza para completar os seus estudos en Holanda. É un activo instrumentista no campo da interpretación con instrumentos de época, o que lle levou a colaborar con diferentes grupos de España e Portugal entre os que destacan Ars Combinatoria, Alio Modo, Il Combatimentto e Americantiga. En 2001 ingresa na Real Filharmonía de Galicia coa que actuou en Francia, Portugal, Arxentina, Brasil e Cuba. Prioriza a súa dedicación á súa canle en Youtube sobre violoncelo, o taichi e o seu outra gran paixón que é correr.